Venres. 26.04.2024
El tiempo

31 artistas de Muxía e Carballo botan as súas Miradas

31 artistas de Muxía e Carballo botan as súas Miradas
Artistas de Carballo e Muxia da Exposicion Miradas 4 2016 Artistas de Carballo e Muxia da Exposicion Miradas 4 2016

Xa estiveron en Muxía, e o ano pasado xa invadiron Carballo coa súas obras. Agora, 31 artistas de Muxía e de Carballo volven encher sala da baixocuberta do Pazo da Cultura até o 18 de febreiro.

Trátase da 4ª edición da exposición "Miradas 4”, cuia inauguración tivo lugar o xoves 28 de xaneiro. Aí están xa as obras de Adriana Díaz, a. m. a., Anónimo, Antonio Reino, Antonio Taracido, Antonk, Chérie Trillo, Chiña, Emi de las Heras, Eva Facal, Flor Taracido, Isa Fernández, Javier Rodríguez, Laura Tova, Lois Búa, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O´Mighelo, Rakele Cavallo, Raúl Herrera, Risé, Santi Picos, Teresa Búa, Teresa Candal, Tomás Luna, Xesús Búa, Yano Yoro e Zizi.

Amenizou a velada a Asociación Crea Formas Artísticas, unha entidade creada no 2008 para realizar actividades culturais, participou, xunto co violinista Pablo Rodríguez Vila, nun pequeno acto para abrir a exposición. O creador Mon Lendoiro, tamén de Crea Formas, aproveitou para agradecer a colaboración do Concello e desexou que a xente goce coas obras presentadas.
A mostra, incluída nos Venres Culturais 2016, pode visitarse a diario até o 18 de febreiro de 18.00 a 21.00 horas na sala Alberto Gende situada na baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios