Venres. 29.03.2024
El tiempo

A oposición política da Costa da Morte únese polo Parador

A oposición política da Costa da Morte únese polo Parador
Non se fixo agardar á resposta da oposición da Costa da Morte á decisión do goberno central de paralizar todos os Paradores en construción, incluindo o de Muxía. Unha decisión que xa era respondida polo propio Presidente da Xunta, o tamén popular Alberto Núñez Feijoo, que afirmaba que "o Parador farase". Se onte coñeciamos a crítica postura de Marisol Soneira, hoxe sabemos a posición do rexedor muxián. I é que Félix Porto Serantes ofreceu esta mañá de mércores 14 de marzo de 2012 unha rolda de prensa na Casa do Concello da localidade. Unha rolda de prensa na que estivo respaldado por gobernantes de toda a bisbarra. Acodiron canda Porto os alcaldes socialistas de Dumbría, e Camariñas, pero tamén os nacionalistas de Vimianzo, Zas e Carnota. Tamém quixo estar presente a Asociación Neria. Iso si, o rexedor muxián si deixou claro que invitou a todos os alcaldes da zona, incluídos os do PP. Se ben non acodiu ningún, Félix apunta que "en ningún caso responderon negativamente. Zaira díxome que tiña un compromiso ca Deputación, e con Traba non fun capaz de falar, polo que non podo dicir que rexeitaron estar aquí", apuntou Porto.

Colaboración e non guerra

Porto abríu a rolda asegurando que non quere prantexar unha loita se non que quere "abrir unha liña de colaboración coa Xunta de Galicia. Se onte pola mañá o Ministro aseguraba que non se ía facer, pola tarde no Debate da Nación, Feijoo anunciou que si se faría. Nese sentido mandeille un telegrama a Feijoo esperando unha resposta en positivo, e agardando que na reunión manteña este xoves co presidente do goberno faga de abandeirado da defensa do Parador", sinala Porto. Precisamente Porto tivo palabras para Mariano Rajoy. "O que non se pode entender é que aquel que no 2004 anunciaba como Vicepresidente do Goberno e nunha visita institucional a Muxía a construción do Parador, que sexa esa mesma persoa quen lle diga aos seus veciños que agora non se vai levar a cabo, cando falamos dun investimento positivo e productivo para a Costa da Morte, un proxecto que xenera riqueza e emprego. Ninguén entendería que se paralizara unha cousa tan necesaria para dinamimar o sector turístico da zona". Do mesmo xeito, Porto deixou claro que "non podemos aceptar que o regalo no 10º aniversario do Prestige sexa a paralización das obras dun proxecto comprometido precisamente trala catástrofe". Porto quixo matizar as verbas de Feijoo, nas que afirmaba que o Parador “non estaba adxudicado, estaba encargado a unha empresa pública, Tragsa, cun incremento do 20% do custe”, tras unha asignación “sen licitación, sen concorrencia nin publicidade”. Porto lamenta estas acusacións e sinala que "tan só falta a acta de replanteo, pois só pendentes da adxudicación á empresa semipublica Tragsa. Isto é un procedemento habitual, semellante ao que se viviu coa ITV, autovía ou base de salvamento, polo que non entendo estes apuntamentos". Nese sentido, animou a Feijoo a facelo apuntando que "se alguén se quere poñer medallas e eu non teño problema en mercar 20 medallas e irllas colgar". Porto tivo palabras de agradecemento para os propios veciños de Muxía. "Son os cidadáns de Muxía e da Costa da Morte os únicos que están cumplindo. Son os que están pagando un crédito pola merca dos terreos, son os que están pagando as consecuencias dunha mala xestión. Entrementres o sector empresarial busca "solucións e non culpables", e pide compromiso a goberno e oposición. Ademais, a patronal do sector turístico malia considerar que se trata dunha "mala nova para a Costa da Morte, o sector vai seguir traballando, con ou sen parador".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios