Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os alimentos doados polas familias muxiáns para os refuxiados ucraínos seguen apilados 3 meses e medio despois da súa recollida

O PP muxián o alcalde de facer un uso “partidista e propagandístico” da recollida solidaria de alimentos
Alimentos de Muxia para ucraina
Os alimentos doados polas familias muxiáns para os refuxiados ucraínos seguen apilados 3 meses e medio despois da súa recollida

Dá conta do enrarecido que está o ambiente político en Muxía, o feito de que unha recollida solidaria de alimentos acabe convertíndose en arma partidista. Así o denuncia o PP, de novo, que acusa o alcalde de facer un uso “partidista e propagandístico” cun asunto tan sensible.

Segundo sinalan, os alimentos seguen apilados tres meses e medio despois da súa recollida, e dende o PP lamebtan que poida “apodrecer”. “Primeiro díxose que os produtos se utilizaron para axudar ás familias que se acolleron no noso municipio, un feito falso porque só houbo unha, e despois se dixo que se ían a enviar de maneira inmediata, outra mentira do alcalde porque segue sen facerse o envío”, afirmou a voceira local Sandra Vilela.

Novas relacionadas

Comentarios