Martes. 16.04.2024
El tiempo

O alumnado de Muxía uniuse para prender o Entroido coa procesión do Finado Congro

Entroido Congro Muxia 2
O alumnado de Muxía uniuse para prender o Entroido coa procesión do Finado Congro

Este pasado venres, a rapazada e profesorado da Galiña Azul, o CEIP Virxe da Barca e o IES Ramón Caamaño uníronse á veciñanza de Muxía para celebrar o inicio do entroido. Foi cun divertido pasarrúas-procesión percorrendo as rúas da Vila, rematando cun acto satírico-reivindicativo coa queima do “FINADO CONGRO” un ataúde de madeira.

Entroido congro muxia 3
Documentándose

O alumnado de 3º e 4º da ESO recitou unha Salmodia Satírica en defensa da “seca tadicional do congro”, actividade tradicional, cultural e económica que viña facéndose desde o medievo, cando os “bilbilitianos” procedentes da localidade Aragonesa de Calatayud viñan traer “cordas” para as embarcacións de Muxía e levaban en pago de volta, como pago en especie, pezas de congro curado nos secadoiros de ribeira, os Cascóns e A pedriña.
"Estes secadoiros e a actividade exclusivamente artesanal esmorece ante a pasividade e o desleixo das institucións e ás dinámicas que tentan minusvalorar ou acabar co acervo propio. Símbolos da identidade cultural dun país, dun pobo", explican dende o centro.

O día estivo repleto de actividades  antes e despois do pasarrúas, obradoiros de doces, de maquillaxe de entroido, de exposicións artísticas o redor dos entroidos tradicionais, freaky concursos para estimular a rapazada e desfiles de disfraces. Un día estupendo de disfrute, educación e confraternización. 

Entroido Congro Muxia

 

Comentarios