As ANPAS dos Muíños e CEIP Bergantiños alzan a voz de novo contra os recortes
Non para a loita contra os recortes no Ensino Público. Xa recibimos numerosas queixas dende Laxe, a Ponte do Porto, Coristanco, Malpica ou Carballo. Hoxe volvemos escoitar as queixas dos pais carballeses e dos muxiáns do CEIP Os Muíños:
Mestre a 4 bandasO Consello Escolar e a ANPA do CEIP Os Muíños queren facer pública a situación na que se atopa un dos mestres do centro. I é que no presente curso exerce como mestre de Inglés no noso centro un compañeiro que itinera a outras catro escolas (EEI de Pereiriña e CEIP a Igrexa-Brens en Cee; EEI de Carantoña e CEIP de Castromil en Vimianzo) percorrendo entre elas 163 km semanais.<
Este mestre non dispón de ningunha hora de garda para realizar outras funcións no centro que non sexan a docencia directa. Ante esta situación reclamouse diante da administración no mes de agosto para que esta persoa non tivera que cubrir tantos centros, sen embargo a reclamación non foi atendida.
Ademais da dificultade que supuxo a elaboración do seu horario (tres centros teñen xornadas laborais diferentes) agora a situación vese agravada pola decisión de Inspección Educativa de que este profesor deixe de dar clase no CEIP Os Muíños para substituír a mestres das outras escolas co que, o alumnado do centro muxián, vese privado das sesións de Inglés que lle corresponden. Cada vez que se dea esta circunstancia, é preciso modificar o horario dos demais mestres do colexio.
Deste xeito, o Consello Escolar do CEIP Os Muíños, reunido o 16 de outubro de 2014, co apoio da ANPA “O FACHO”, considera que nestas condicións é imposible dar cumprimento ó establecido na nova Lei Orgánica de Mellora da Calidade do Ensino.
Sen resposta por Carballo
Xa escoitabamos as súas esixencias hai un mes. Hoxe, a Asociación de Nais e Pais A Granxa do CEIP Bergantiños, informa dos acordos tomados na Asemblea de Familias celebrada o pasado mércores.
- 1º Vendo a falta de resposta á solicitude feita ante a Consellería pola Dirección, Claustro e ANPA de dotar ao noso centro cos/as especialista de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que nos corresponden, xa non por necesidade, senón por lei, comezamos a preparar un calendario de mobilizacións que arrincará a vindeira semana cunha recollida de sinaturas onde pretendemos implicar a todas e todos os carballeses. Estudaranse outro tipo de accións dunha vindeira reunión ás que se convidará a TODA a comunidade escolar.
- 2º Á espera do trámite de aprobación polo claustro, e tendo o beneplácito do Consello Escolar, agardamos comezar en breve co Banco de Merendas que pretende que ningún neno ou nena do centro quede sen petisco de media mañá se a situación económica ou familiar fai que non poidan traelo da casa.
Así está a loita contra os recortes da LOMCE na Costa da Morte.
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- As familias aprenden a educar ca Fedanpa.
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- Os recortes no CPI Xosé Pichel indignan aos pais de Coristanco.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).