Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Casas Rurais de Muxía saborean un agosto ao completo

As Casas Rurais de Muxía saborean un agosto ao completo

Boas novas para o sector turístico da Costa da Morte, i é que parece que o sementa, recolle. Os establecementos que integran a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural colgaron o cartel de "completo" durante todo o mes de agosto. Casa de Lema, Casa de Trillo, Casa Castiñeira, Casa Ceferinos e Casa Fontequeiroso rozaron o 100% de ocupación durante todo o mes.

Madrileños, cataláns, ingleses e alemáns, os máis abundantes

Dos clientes nacionais, mandaron os madrileños e cataláns, mentres que dos estranxeiros, de onde máis usuarios chegaron foi de Reino Unido e Alemaña. As previsións para setembro son tamén moi alentadoras.

Campaña con resultados

Así mesmo, a entidade valora moi positivamente o desenvolvemento da campaña "Saboreando Galicia desde Muxía", un proxecto do que gozaron máis de 500 clientes, algúns deles chegados desde puntos tan afastados como Australia, India, Reino Unido, Austria, Suíza ou Alemaña.
A iniciativa contou coa colaboración do Concello de Muxía, Deputación da Coruña, Turgalicia, Confraría de Pescadores de Muxía, Asociación do Porco Celta da Costa da Morte, APTCM, FECOM, Surf Costa da Morte e Meigalicia.

Nova campaña en outono

Agora, os distintos establecementos da Asociación Muxía Natural elaboraron xa as súas propostas para o outono, que combinan aloxamento e gastronomía, esta última baseada sempre en produtos da terra e das rías, elaborada mediante receitas tradicionais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios