Venres. 18.10.2019
El tiempo

As excusas do Parador

As excusas do Parador

Dous días van dende a decision do Goberno Central de paralizar as obras do Parador. Coa oposición política unida para reivindica a infraestrutura, a resposta dos Gobernos populares autonómicos e centrais están a ser polémicos.

Tragsa ou licitación

Hoxe mesmo, Feijoo repetía que "difícil paralizar algo que non empezou", e iso que a setembro de 2011 as obras xa estaban iniciadas como vemos na imaxe. O presidente da Xunta afirmaba que a concesión á empresa semipública Tragsa non é a mellor opción e que dado "o déficit de 100 millóns" en Paradores indicou que "a obra debería ser desenvolta a través dunha licitación a unha empresa privada".

Unha matización coa que para nada está dacordo o alcalde muxián. Félix Porto afirma que "o mecanismo de desenvolver a obra con Tragsa é o normal e o que fai en numerosas ocasións a propia administración autonómica. Ademais é o mellor procedemento e o máis rápido, e tal e como estamos, mañá mesmo poderían comezar as obras, e en 2 anos estarían rematadas".

Nese sentido indicou que a nova licitación sería "inaceptable porque conlevaría cando menos 2 anos máis de retraso". E xa van 10.

Un símbolo

Con todo, Feijoo matizou que o Parador de Muxía "é un símbolo. Non é só un parador, é un compromiso do Goberno" tralo 'Prestige', para insistir en que esta infraestrutura "vaise a levar a cabo".

Para Porto, estas verbas son imaxe do "desprestixio da clase política". E continúa: "É unha decisión que xa está tomada de feito, e que se poñan excusas como estas de que unha empresa semipública non a pode desenvolver non é aceptable. O único que pido é que non se dea marcha atrás", sentenza Porto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios