mércores. 30.04.2025
El tiempo

Así é a estrutura do novo goberno de coalición de Muxía

Grupos promotores da mocion de censura en Muxia
As edís promotoras da moción de censura: Sandra Vilela (PP), Mercé Barrientos (BNG, que non entrarña no goberno); Auleria Picallo (IxMuxía); Javier Sar (IxMuxía), Rosario González (PP) e Sofía López (PP)
Así é a estrutura do novo goberno de coalición de Muxía

Apenas 4 horas despois da celebración do pleno extraordinario da moción de censura, que sacou da alcaldía a Iago Toba para situar como novo alcalde ao independente Javier Sar Romero, os grupos que asinaron a moción anuncian a composición do novo goberno.

O novo goberno de coalición muxián estará distribuido en seis concellerías, con Javier Sar como rexedor, quen tamén ostentará a Concellería de Contratación, Obras e Infraestruturas.

O equipo estará conformado pola Independente Aurelia Picallo ó fronte da Concellería de Educación e Igualdade; e as populares Sandra Vilela, Tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, así como Concelleira de Deportes, Xuventude e Asociacionismo; Sofía López, a cargo da Concellería de Servizos Sociais e Integración Social; e Rosario González, que levará a Concellería de Servizos, Mantemento e Limpeza.

Novo grupo de goberno de coalicion en Muxia 10-2024

Como era previsible, Mercé Barrientos, a edil do BNG que votou a favor da investidura, non formará parte do goberno, mentres espera que acontece co expediente aberto pola comitiva comarcal..

”Agardamos poder dar comezo a unha nova etapa na que se normalice a vida política, chegando a acordos baseados no consenso e no respeto e atendendo ás demandas de toda a veciñanza”, sinalan dende o goberno de coalición.

Máis novas

Comentarios