Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O BNG de Muxía asegura que as depuradoras rurais non funcionan pola falta de mantemento

Deputadora de Senande cuberto de Maleza
A deputadora de Senande cuberta de Maleza
O BNG de Muxía asegura que as depuradoras rurais non funcionan pola falta de mantemento

Moi graves as acusacións do BNG de Muxía. O grupo da oposición, que onte denunciaba o estado lamentable da contorna o punto limpo, asegura que as depuradoras rurais de Muxía non funcionan.

O BNG saca esta denuncia dun informe de122 páxinas elaborado por GalaiControl, que serve de auditoría da rede municipal, e que tras analizalo, “arroxa datos irrefutables”, sinala Mercé Barrientos. I é que o informe deixa claro que “os datos aportados polo Concello de Muxía son unicamente da EDAR de Santa María de Muxía” (páx.20).
O grupo achegouse a ver o estado do resto das depuradoras (Muíños, Ozón, Sendón, Merexo, A O, Quintáns e Senande), e a súa situación deixa patente que ou non funcionan por mor do abandono ou están nun estado de falta de mantemento severo.

A simple observación de moitas das depuradoras das aldeas evidencia que nin teñen un funcionamento correcto (extremo que foi recoñecido en pleno polo alcalde ante a pregunta do BNG en pleno) nin se fixo mantemento periódico delas, pois os accesos levan tempo cubertos de broza e impracticables. “A depuradora de Quintáns, que leva pendente de cambio de ubicación que permitiría conectar máis vivendas e empresas, dende hai anos, nin se ve pola maleza”, critica Barrientos. Tan grave é o caso da depuradora de Trasufre, aprobada en 2021 pero con anos de retraso

Verteduras

A voceira do BNG critica que esta situación provoca que “se vertan augas residuais sen depurar e se contaminen lugares de enorme valor paisaxístico e natural como a praia do Lago, o Arroio de Moraime, os Regos de Ozón e da Fonte e o río Fragoso, que vai dar ao Castro”. “Estamos degradando a nosa riqueza natural”, critica./(p>

Rede de saneamento en “moi mal estado”

En relación co sistema de rede de saneamento do pobo a conclusión do informe tamén é definitiva “presenta moi mal estado en xeral, sobre todo por falta de mantemento e tramos obsoletos” (páx. 122).

Toda esta falta de mantemento provoca, segundo o BNG, que o Concello se estea hipotecando, porque “cando se decidan a afrontar todas as necesidades de saneamento, Muxía vai necesitar un orzamento altísimo”.
Por exemplo, o informe xa sinala que os problemas do colector da EDAR e o sistema de redes necesitaría un investimento de máis de medio millón de euros.

Máis novas

Comentarios