xoves. 13.11.2025
El tiempo

O PSOE propón incluír o edificio do Casino1889 no Catálogo de Protección do PXOM

Antes e agora do Casino 1889 Carballo-Foto-Ocarballoqueera
Antes e agora do Casino 1889-Foto- @Ocarballoqueera
O PSOE propón incluír o edificio do Casino1889 no Catálogo de Protección do PXOM

Segue o edificio, e toda a vida que xera o espazo interior do Casino 1889 de Carballo, pendente da resolución xudicial arredor do proceso de especulación urbanística. E para intentar salvar o histórico lugar, o PSOE presenta unha moción que propón a inclusión do inmoble que acolle a sede da Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, coñecida como Casino de Carballo, no Catálogo de Protección do PXOM de Carballo.

Lembran que a entidade actual foi fundada no 1924 e pouco despois trasladouse ao local da rúa Vázquez de Parga, (no edificio construído en 1924 polo médico carballés Manuel Regueiro Vázquez para fins culturais) onde permanece de maneira ininterrompida desde febreiro de 1925 ata hoxe. Un centenario interrompido pola especulación

O grupo lembra que a relevancia desta institución xa foi debatida neste salón de plenos en febreiro de 2017, cando se aprobou unha declaración institucional a favor da súa preservación cos votos de PSOE, PP e BNG, e coa abstención de TEGA, que non se opuxo por principio, senón por considerar a iniciativa insuficiente e de escasa utilidade práctica. Ademais, a comezos de ano o grupo socialista volveu levar o asunto ao pleno.

"A sociedade carballesa tamén se manifestou reiteradamente a favor da continuidade da entidade, tanto coa súa presenza nos Plenos como mediante o apoio masivo en momentos decisivos: na colecta pública recadáronse nunha semana máis dos 70.000€ necesarios para presentar o retracto segundo as escrituras públicas aportadas pola propiedade; e tamén na recollida de sinaturas a favor desta iniciativa que oxe presentamos neste Pleno", lembran.

Así pois, o grupo quere definir como o pleno pode colaborar para que isto se materialice de forma práctica, evitando que quede só nunha nova declaración de intencións sen aplicación real. "Sabemos que existe un litixio entre partes, ambas con intereses lexítimos, que deberá resolver a xustiza. Non corresponde a este salón debater sobre iso. O que si corresponde é defender o patrimonio cultural de todos os carballeses dentro das nosas competencias, e esa é a motivación que nos leva a presentar hoxe esta moción".
 

HISTORIAL SOBRE O XUÍZO DO CASINO

 

Comentarios