O Congreso de Gasolineras traerá á Costa 170 profesionais de toda Galicia

Estáselle indo das man a Julio López a organización do Congreso de Gasolineras que se vai celebrar o vindeiro 26 de novembro no Parador de Lourido. Son xa 170 profesionais os que teñen reservada a visita á Costa da Morte neste primeiro evento artellado polo recén nomeado este verán novo presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo. De feito, as inscricións xa están pechadas.
O Xerente da Estación de Servizo Bazarra ten preparado un completo programa para falar das novas enerxías alternativas e o novo proceso de reconversión. De feito, fai fincapé en que Galicia é o único lugar que xa ten preparado un Plan Estratéxico, organizado pola propia Federación.
O programa arrinca ás 10:45 con saída cara o Faro Fisterra, onde se visitará unha das primeiras electrogasolineras instaladas en Galicia. A seguinte parada será no Ézaro, para ver a fervenza e a central hidroeléctrica.
Despois haberá mira e xantar no Parador, con sorteos e moito tempo para tecer redes entre profesionais.
Novas relacionadas
- Xullo 21: Julio López, novo presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo.
- Xuño 2020: Ecolavado Vertido 0, a nova aposta medioambiental de Bazarra.
- Marzo 2020: Iniciativas contra o coronavirus: Café de balde aos camioneiros e limpezas aos vehículos sanitarios.
- Maio 19: Bazarra festexou 50 anos de vangarda empresarial e laboral.
- Miro Villar: Bazarra, un topónimo singular do noso territorio.
- O Olimpia segue correndo con combustible de Bazarra.