Xoves. 03.10.2024
El tiempo

A coruñesa Isabel Rei Pousada leva os monicreques á historia da Galería Mulleres

Isabel Rei na Galeria Mulleres de Muxia Maio 2020
A coruñesa Isabel Rei Pousada leva os monicreques á historia da Galería Mulleres

Non para a Galería Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía. Segue percorrendo a historia en clave feminino, e este abril de 2020, superados os 10 anos e as 120 mulleres, volve á nosa terra.

Faino para falar de Isabel Rei Pousada (A Coruña, 1958), muller imprescindible na escena galega, é, entre outras cousas, a metade da alma e o traballo que hai tras a emblemática compañía “Os Monicreques de Kukas”. No 2019 recibe xunto a Kukas o Premio da Cultura Galega ás Artes Escénicas e o Premio Xiria da MITCFC polo seu labor teatral. E tamén é homenaxeada polo Festival Titiricuenca e Asociación de amigos do Teatro de Cuenca polos 40 anos dedicada ao mundo dos monicreques.

Licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de Museoloxía pola USC. Formada en interpretación, posta en escena con marionetas e xestión cultural e teatral, en 1979 funda xunto a Marcelino de Santiago OS MONICREQUES DE KUKAS realizando marionetas, máscaras, cabezudos, atrezzos e vestiarios de tódolos espectáculos producidos pola compañía e doutras como Cachirulo, Factoría Norte, Centro Dramático Galego, Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Traballa como actriz - animadora de marionetas en diferentes obras .Como directora de escena ten dirixido máis de 24 obras coa súa compañía ou con Teatro de marionetas Trécola.

Dende 1987 dedicase tamén á produción, xestión e distribución teatral. Vicepresidenta entre 1994 e 1997 de Unima Galicia. Representante da Asamblea Permanente de Títeres na elaboración das bases para as axudas a produción e distribución do Igaem no ano 2006.

Ten realizado múltiples traballos en adaptacións e realizado dramaturxias e deseño gráfico de carteis e catálogos ; é coautora de obras teatrais e unidades didácticas sobre as mesmas.

Unha parte importante da súa actividade centrase no ensino de técnicas de manipulación e posta en escena de marionetas, e como conferenciante sobre o teatro de marionetas.

Artigo relacionado

10 anos da Galería Mulleres Muxía

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios