A Deputación financiará a reestruturación e equipamento do pavillón de Muxía

15:19 11/11/23
Este sábado, Concello de Muxía e Deputación da Coruña asinaba un acordo para sufragar os 300.000 euros que fan falta para as obras de reestruturación e equipamento do pavillón polideportivo de Muxía.
O polideportivo contará cun centro deportivo con ximnasio, salas equipadas, zona de descanso e cafetería autoservicio, entre outras melloras.