Devolven ao mar 50 kilos de centola ovada atopados nas rochas de Touriñán
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia veén de facer outra acción contra o furtivismo na comarca ao requisaren 47,5 quilos de centola e os catro sacos de rede que contiñan esta especie nun control realizado a comezos desta semana na zona do cabo Touriñán, no concello de Muxía.
A mercadoría, que foi atopada entre as rochas, estaba sen identificar e a maioría dos exemplares estaban ovados, polo que o produto foi devolto ao mar na zona pois, tal e como establece a Lei de Pesca de Galicia, a captura de especies ovadas ou de talle ou peso inferior ao establecido non está permitida.
Ante esta situación A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e
comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún
tipo de control que o avale. Por iso pide aos consumidores que non merquen produto fóra
das canles legais de comercialización.
Accións contra o furtivismo en corentena
- 14-05-2020: Un cormelán sorprendido con 48kg de marisco ilegalmente capturado en Malpica
- 29-04-20: Tres novos operativos contra o furtivismo na comarca..
- 22-04-2020: Sancionado un mariñeiro por saír a facer pesca deportiva en domingo.
- 17-04-2020: A Garda Civil incautou case 8.000 kilos de xarda na Coruña provinte do porto de Malpica.
- 11-04-2020: Sancionado un home pescando na área recreativa de Barís.
- 08-04: Interceptan un veciño de Camariñas pescando sen licenza en pleno estado de alarma.
- 20-02-2020: O Seprona denuncia varias empresas da Costa por inclumplir a norma de transporte de marisco.