Venres. 26.04.2024
El tiempo

En marcha o III Concurso de Tapa Muxiá

En marcha o III Concurso de Tapa Muxiá

Como gustan pla Costa as propostas gastronómicas, diso non cabe dúbida. O Concello de Muxía, en colaboración coa hostalería da vila da Barca, organiza o III Concurso da Tapa Muxiá, que se desenvolverá os días 10,11, 17 e 18 de decembro de 2011 co obxectivo de potenciar a restauración local e potenciar o turismo no noso concello.

Cada establecemento participante deberá “elaborar unha tapa”, sendo os seus ingredientes de libre elección, creativa ou tradicional pero tendo en conta que ambas competirán nunha soa categoría, e a súa degustación será gratuita

O mecanismo do concurso seguirá os pasos que os anos anteriores. O cliente que deguste unha tapa presentada ao concurso, poderá selar a carta de votación. Dando chegue a unha porcentaxe mínima de establecimentos, poderá votar pola súa tapa favorita empregando a Carta de Votación e introducindo esta en calquera das Urnas Oficiais do Concurso ubicadas en cada establecemento participante.

Premios

O Establecemento Gañador recibirá unha placa/diploma honorífico e o Concello de Muxía comprométese a facer público o resultado do Concurso en Prensa e páxina web, coa conseguinte publicidade gratuíta para o establecemento.

Entre as Cartas de Votación realizarase un Sorteo de 1 Comida ou cea para dúas persoas no establecemento gañador do concurso.

Máis información

A inscrición dos establecementos no Concurso será de balde. A data límite de inscrición para os establecementos participantes será o 29 de novembro de 2011.

Novas relacionadas

Máis novas gastronómicas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios