A estrada de acceso á praia de Leis será reformada

08:24 30/10/20
Se onte era a Xunta a que anunciaba as obras de mellora na AC-440, hoxe é a Deputación a que anuncia as obras na estrada de Leis. O presidente Valentín González Formoso visitou na xornada de onte o grupo de goberno, para coñecer o estado da vía que nos leva ás praias de Leis e Lago para observar o estado no que se atopa.
A obra, que comezará o ano que vén, dará continuidade a actuación xa acometida polo ente provincial no acceso á praia de Lago, na que se investiron 495.000 euros e que foi “un exemplo de recuperación dunha vía pola que circula a prolongación do Camiño Fisterra-Muxía”.
A visita do presidente da Deputación completouse cun encontro coaconfraría de pescadores “Virxe da Barca”, e coas palilleiras da Nosa Señora da Barca.