xoves. 01.05.2025
El tiempo

Estudiantes austríacos escoltan o Santuario da Barca

Estudiantes austríacos escoltan o Santuario da Barca
Voluntarios austriacos en Muxia pola Barca

Parece que o Santuario da Virxe da Barca estará rematado antes de que finalice o ano. I é que está recibindo apoios de todas partes. A pasada semana, a Barca recibía a visita dun grupo de 15 voluntarios austríacos de entre 17 e 30 anos, que recalaron na vila galega en tres grupos diferentes de 5 persoas.

Son os participantes do proxecto de Voluntariado Europeo de curta duración ‘Rückenwind Employability Tuning’, que se desenvolve en Muxía no marco do programa Erasmus+: Xuventude en Acción. Este proxecto, que coordina en Galicia a Asociación Educere, permite que cada un dos grupos participa durante catro semanas no proxecto, realizado labores de limpeza e preparación dun terreo cerca do Santuario da Barca, onde cultivan diferentes verduras e hortalizas para destinalas a Cáritas.

Novas relacionadas

Artigos sobre o incendio do Santuario da Virxe da Barca

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios