Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Familias do CEIP Virxe da Barca protestan polos recortes

Recollendo sinaturas CEIP Virxe da BARCA
A ANPA O Enfesto está recollendo sinaturas
Familias do CEIP Virxe da Barca protestan polos recortes

A comiunidade escolar do CEIP Virxe da Barca de Muxía está en loita. A dirección e a ANPA están intentando parar os recortes que Inspección educativa quere impoñer de cara ao curso 2023-2024. De feito, as familias da Anpa O Enfesto están a colleitar sinaturas ante a situacion.

Denuncian que hai intención de suprimir o profesorado e recortar horas lectivas a algúns dos que aínda permanecen no claustro, como é o caso do profesor de AL (auxiliar de linguaxe) pasa de pasar 3 días no centro a só vai 3.

Lembran que “o centro conta cun maior número de alumnos con necesidades educativas especiais que en anos anteriores, e a Consellería recorta cada ano máis profesorado”. Por iso hai meses dende esta asociación realizouse un escrito a inspección educativa solicitando a figura dun coidador, pero nunca se recibiu resposta desta.

”Tanto a Anpa como o profesorado estamos moi preocupados por como pode minguar a calidade educativa dos nosos fillos e fillas con tan pouco persoal, xa que estes últimos anos foron moi duros por iso e agora esta situación empeora”, sinalan dende a ANPA. “Vemos que hai grandes desigualdades con respecto a outros centros e queremos que os nosos nenos e nenas non sexan tratados como cidadáns de segunda”.

Novas relacionadas

Comentarios