Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un ferido tras un novo accidente laboral en Muxía

Accidente laboral en Muxia
Accidente laboral en Muxía-Foto-Prot. Civil
Un ferido tras un novo accidente laboral en Muxía

Este pasado mediodía de xoves, arredor 12:40 H, o 112 alertaba dun accidente no lugar de Figueiras, concretamente ao caron do quilometro 13 da estrada AC-440.

Por causas que se descoñen, un vehículo forestal perdia o control precipitándose por unha ladeira dun monte, e terminando xunto coa madeira que portaba en parte da vía mencionada.

Unha vez no lugar prestaronselle os primeiros auxilios o único lesionado leve e que posteriormente foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira pola ambulancia do 061.
Interviron efectivos de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico. 

As labores do rescate do vehículo forestal e dá madeira, foi a cargo doutro vehículo da empresa afectada e de duas empresas privadas deste Concello de Muxia, o cal agradecemos a sua colaboración.

Novas relacionadas

Comentarios