Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Fiscalía abre dilixencias no Xulgado contra o alcalde de Muxía, Iago Toba, por posible prevaricación administrativa

  • O PSOE comarcal e provincial, que vén de nomear a Lois Carballido como dirixente de Educación na Delegación de Gobierno, amosa todo o seu apoio ao rexedor muxián.
Iago Toba novo presidente do CMAT
Iago Toba
A Fiscalía abre dilixencias no Xulgado contra o alcalde de Muxía, Iago Toba, por posible prevaricación administrativa

O rexedor foi denunciado en febreiro pola voceira do PP, Sandra Vilela, e se ben aínda non foi admitida a trámite si que a Fiscalía veu indicios de posible delito.

Segundo a denuncia, sustentada en numerosos informes de intervención, sinala que o rexedor “incumpre reiteradamente obrigas sistematicamente legais relacionadas coa contratación do sector público”. Vilela denuncia catro supostos comportamentos irregulares nas accións de Toba na pasada lexisltatura;

  • a) “A falta de contratos que regulen os dereitos e obrigas relativos á prestación de determinados servizos por diferentes empresas privadas”;
  • b) “Uso fraudulento da figura do contrato menor para adxudicar directamente e sen licitación de servizos a determinadas empresas”;
  • c) “Uso partidista e interesado de servizos públicos do concello;
  • d) “Contratos previamente fraccionados”.

Casos concretos

Os informes recollen a adxudicación de certos servizos en contra do informe da interventora, como a concedida a A.I. S.L. no proxecto Cociñando Relacións cando a propia empresa participou na memoria base da subvención. Así, ademais de lembrar que está prohibido o uso de información privilexiada por parte das empresas para participar en licitacións, a Secretaria municipal sinala que, despois de “hacer caso omiso das miñas recomendacións”, se contratou a devandita empresa, e a pesar da redución dos prazos de realización non se reduviu o importe de licitación “pola falta de planificación e de seguemento do programa”. Ademais, “esta intervención comproba que a data da conformidade e aprobación da factura non se cumpriu todo o obxecto do contrato menor, non está ao material nas dependencias municipais”.

Outro caso é o da Iluminación de Nadal para os anos 2020 e 2021. Vilela denuncia que “hai diversos gastos aboados discrecionalmente a determinadas empresas privadas sen que exista un expediente de contratación menor, nin o pertinente e preceptivo contrato de servizo. Aprobando o pagamento das ditas facturas contrariamente ao disposto nos informes do interventor municipal”, “sen tramita ningún expediente administrativo, nin retención de crédito, nin nada”, explica a interventora no informe, “considerando que incumpre sistematicamente a normativa de contratación pública…”

Intervención

A denuncia recolle outras posibles irregularidades arredor dos contratos do Campamento Concilia, e no “Reconocimiento Extraxudicial de Crédito de 2022, nos que incluíron, por exemplo, “facturas de mantementos de maquinaria e instalacións que se deberían licitar por ser servizos reiterados”.
A denuncia tamén recolle que non existiu procedemento de licitación para o SAF, estes días en graves problemas de pagos, malia ser un contrato de máis de 200.000@.
Incide Vilela na súa denuncia no contrato coa empresa que xestiona a comunicación municipal tamén sen contrato, pero ademais “facendo uso partidista e interesado dos servizos municipais”.

Intrevención resume: ”Esta intervención advírtese da falta de organización, da falta de propostas previas de gasto, da omisión da contratación pública, e da non verificación de dous prezos de mercado, por parte de dous empregados públicos, e dous organismos políticos, como máximos garantes da execución organizativa.Esta intervención obsérvase que aínda que se reitera ou repara nos últimos meses non se adoptan medidas para evitar a situación, e ademais se observa un maior descontrol, teño constancia de operarios persoais que realizan compras para o concello, xa que declarado no consentimento de dúas persoas responsables, previamente. Todo isto incide na situación de descontrol que esta intervención observa por parte do propio responsable do gasto e da execución…”.

Apoio do PSOE provincial

Ante a nova, o PSOE comarcal e provincial vén de trasladar o seu apoio ao rexedor muxián. A executiva provincial, que vén de nomear a Lois Carballido, ex alcalde de Ponteceso, como alto dirixente de Educación na Delegación de Gobierno, denuncia coa que o PP replica a súa estratexia de intentar manchar con denuncias a xestión dos socialistas: “Intentan gañar nos xulgados o non son capaces de gañar nas urnas”.

Comentarios