A Radio Buserana e a Revista Abalar, os dous novos proxectos culturais do IES Ramón Caamaño

O alumnado do centro colabora activamente na publicación mensual dun exemplar da Revista Abalar na que escribe ensaios, poemas, artigos, contos… baixo a coordinación do profesor de Lingua Castelá e escritor Jorge de Barnola Fernández.
Paralelamente, a Radio Buserana, que comezou a súa andaina o pasado curso 2022-23, está a pleno rendemento e o alumnado é protagonista absoluto no proceso de programación, grabación e edición guiados por Xurxo Fernández Fernández, músico e profesor de música no centro.
Ademais, a biblioteca do IES está moi comprometida tamén con darlle visibilidade á literatura feminista e inclusiva, promovendo a realización de actos e obradoiros nas diferentes conmemoracións e festividades do centro, e con outras iniciativas de carácter lonxitudinal que se traballan ao longo do curso dende os diferentes departamentos.