Venres. 26.04.2024
El tiempo

Lamentan a “incapacidade do concello” para arranxar a problemática nas rúas de Merexo

trincheras na porta das casas de Merexo contra a lama
Varias casas teñen que construír "trincheras" para evitar que entre a lama nos seus portais
Lamentan a “incapacidade do concello” para arranxar a problemática nas rúas de Merexo
Denunciabamos a semana pasada a problemática da veciñanza de Merexo cunhas obras que converte as súas rúas nunha auténtica lameira. Esta semana é o BNG muxián o que lanza a alarma pola “incapacidade do concello para arranxar o problema”

”O primeiro deber dun concello é asegurar á veciñanza os servizos esenciais”, sinala o voceiro municipal do BNG Carlos Fdez. Concheiro. “Un deles é o mantemento en boas condicións da rede viaria, sobre todo cando se trata das rúas dun núcleo de poboación que serven ás vivendas”.

Concheiro lembra que a lama acumulada diante dunha casa na que vive unha persoa con problemas de mobilidade está facéndolle máis difícil a vida. “Que o alcalde se negue a recibila para atender a súa, xa varias veces repetida reclamación, só pode cualificarse como un vergoñento deixamento de funcións e unha mostra de incapacidade manifesta de xestión dos problemas decotío”.

”Para empeorar máis, se cabe, a situación, cando algún veciño, por solidariedade coa afectada, denunciou o acontecido nas redes sociais, recibiu, por parte do alcalde, insultos e descualificacións persoais que non viñan a conto. Tamén algún dos medios que se fixo eco desta situación foi tachado de actuar así por non ser “financiado” polo goberno municipal”, sinala Concheiro en referencia aos comentarios que o propio alcalde verte na páxina de Facebook de QPC, facendo gala da súa política de redes sociais, no canto de poñerse a buscar solucións.

Por todo isto o BNG de Muxía “exixe ao goberno municipal que, sen máis escusas e demoras inxustificables, resolva o grave problema que acontece nesta rúa de Merexo que sofre a veciñanza hai xa máis de 15 días e que se verá agravado coas próximas chuvias”.

Novas relacionadas

Comentarios