Martes. 15.10.2024
El tiempo

Levantan a prohibición do cultivo da pataca en toda Muxía pero manteñen a prohibición en Caión

221222_comision_couza_pataca_2
Comisión de seguemento da praga
Levantan a prohibición do cultivo da pataca en toda Muxía pero manteñen a prohibición en Caión

Aínda pesan restricións sobre o cultivo da pataca por mor da praga da couza guatemalteca. Hoxe, a Xunta vén de anunciar o levantamento da prohibición do cultivo de pataca en todas as parroquias de Muxía.

Así pasan a ser consideradas zonas tampón -espazos límite de contención en lugares que lindan con outras zonas infestadas e nas que se pode plantar pataca comunicando o cultivo- a totalidade do concello de Muxía, incluídas as parroquias da O (Nosa Señora), Leis (San Pedro), Muxía (Santa María), Moraime (San Xulián), Ozón (San Martín) e tamén a parroquia de Lendo (San Xián) no concello da Laracha.

Porque a Xunta mantén a prohibición de plantar pataca na parroquia larachesa de Caión (Santa María do Socorro), así como nas arteixáns de Chamín (Santaia) e Sorrizo (San Pedro).

A Xunta asegura que “os datos de seguimento da presenza deste organismo nocivo están mostrando un avance significativo na súa contención, o que sería a fase previa para valorar a súa posible erradicación”.

Novas relacionadas

outras pragas

Comentarios