Luns. 07.10.2024
El tiempo

O picudo vermello tamén arrasa coas palmeiras de Fisterra

Palmeiras co picido vermello en Fisterra
Estas 4 palmeiras da zona da Ribeira van ser taladas
O picudo vermello tamén arrasa coas palmeiras de Fisterra

Segue avanzando, de sur a norte, a praga do picudo vermello. Se en marzo de 2020 comezaba a acabar coas palmeiras de Muros, aínda a semana obrigaba a talar as palmeiras de Corcubión.

Hoxe xa podemos afirmar que a praga xa chegou a Fisterra, e afecta a varias palmeiras da recta da Anchoa, así como a 4 palmeiras da parte de arriba da Rúa da Cerca. Unhas plantas que poden ter uns 40-50 anos, sa máis antigas da vila.
Porén, as dúas que hai na zona da Ribeira, ao carón da Aula CeMit, por agora, aínda non parecen afectadas e se manterán, con seguemento, ao igual que as do Castelo de San Carlos.

Palmeiras da Ribeira
As dúas palmeiras da esquerda manteranse con vixilancia

O Concello ten solicitado tratamento, pero o consideran “moi caro e ademais non aseguran que vaian para adiante”, polo que a decisión será a de talalas, tamén por motivos de seguridade.

Lembran moitos veciños ás palmeiras erradicadas, non sen certa polémica aló polos anos 90 cando se instalou a praza nova.

Palmeiras da parte alta da Rua da Cerca que tenen os dias contados
Vistas das palmeiras afectadas dende arriba

Erradicar o bicho

Picudo Vermello no tocon dunha palmeira cortada en Corcubion-Foto-David Alvarez
Picudo Vermello no tocón dunha palmeira cortada en Corcubión-Foto-David Alvárez

As empresas especializadas avisan ademais da importancia de traballar en conxunto, pois de nada vale que un concello tome medidas nas palmeiras públicas pero que as privadas queden sen tratar ou talar. Así acontece en Corcubión, onde se ben o Concello tomou medidas, drásticas, coas palmeiras da Praza de Castelao, hai varias palmeiras privadas na saída cara Fisterra que están gravemente afectadas e que necesitan tratamento.

Alertan ademais da importancia de deixar, en zonas onde se talen as palmeiras, pequenas trampas con feromonas para que os escaravellos non escapen na procura de novas palmeiras.

Trampa para picudo vermello
Trampa para picudo vermello

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios