O metal pagán galaico de Mileth chega a Muxía

Este venres 24 de xaneiro a banda Mileth trae a súa proposta metaleira a Muxía. Farano ademais en doble función no Salón do Voluntariado de Muxía, unha ás 12:30 en exclusiva para a comunidade do IES Ramón Caamaño, e outro ás 20:00, con entrada libre ate completar aforo e billeteira inversa. /p>
A banda da Mariña Lucense trae o espectáculo “Ofertorio Acústico”, dentro do ciclo do Mencer 2025, a cal busca un ambiente puro e intimista a través dos sons máis folk.
A banda Mileth nace no ano 2009 na Mariña Lucense trasladándose posteriormente a Vigo. Cun estilo definido como metal pagán galaico, unha mestura dos sons máis duros do metal con influencias da raíz da música tradicional, centran a súa música na mitoloxía galaica.
Forman a banda Dana na voz, Marcos na zanfona, bouzouki e voz, Xacobe na guitarra e voz, Bruno nas percusión e Xurxo nas frautas e voz.
En 2019 publican o álbum “Catro pregarias no albor da Lúa Morta”, o cal lles permote acadar importantes méritos como un primeiro posto nos Premios Narf, ou concertos en relevantes festivais galegos como o Festival da Luz ou a Carballeira de Zas. Obteñen tamén diversos premios polo videoclip do tema “De Bruma e Salitre”.
No verán do 2024 culminan a súa xira de presentación do disco cun concerto en Transilvania, Romanía, despois de pisar escenarios de parte da xeografía galega, española ou portuguesa.