O alumnado do IES Ramón Caamaño aprendeu da nova artista Candela de Pablo-Martín

Realizou unha presentación ós diferentes grupos de alumnado do centro (1º a 4º ESO), facendo un percorrido polas diversas técnicas empregadas e os procesos de realización das obras, así como tamén explicando o seu universo imaxinario e os motivos e inquedanzas persoais que a levan a crear.
”Un universo poético que a través dunha figuración moi cercana á ilustración, o cómic e a arte urbana, conectou xa de primeiras co noso alumnado que en todo momento interesouse, fixo preguntas e tamén amosou as súas primeiras creacións para que a artista llas comentara e lles dera consellos”, explícanos David Creus Andrade, profesor de Educación Plástica Visual e Audiovisual e Responsable do Departartamento de Actividades Extraescolares e Complementarias do IES.
”Un auténtico luxo contar coa súa presenza nunha xornada de entusiasmo, de achegamento e visibilización da arte nos centros educativos onde os máis novos poden descubrir que tamén o eido artístico pode constituir unha saida laboral ademáis do pracer que conleva a creación”, sinala. Porque Candela leva xa 5 anos de experiencia laboral realizando numerosos encargos en diversas disciplinas e segue na actualidade a formarse no ámbito da tatuaxe (extensión da arte á pel). O seu obxectivo: “busco a oportunidade de unirme ó mundo editorial para publicar os meus traballos e dar forma ó traballo de outros”.
A mostra permanecerá aberta ó público ata o 08 de novembro en horario escolar agás nos recreos por motivos de protocolo COVID19.