Venres. 18.06.2021
El tiempo

A mocidade muxiá comprométese coa limpeza de praias

Asoc Xuvenil Comarea na praia de Espineirido
A mocidade muxiá comprométese coa limpeza de praias

Despois de deixar a praia de Lourido como unha patena, a rapazada da Asoc. Xuvenil Comarea volvía esta fin de semana aos areais. E non para tomar o sol precisamente. Estiveron limpando o lixo mariño da praia de Espiñeirido, unha das favoritas dos muxiáns, do Coído da cetárea e mesmo do río da Praia da Cruz, na zona da ponte.

En total, os 19 [email protected] (o grupo de [email protected] vai medrando) liberaron ao areal de máis de 20 sacos de 100 litros, uns 15 de 30 litros, varios aparellos e outros obxectos grandes. “Menú completo”, bromean. “E o bonito, máis alá de liberar ó mar da contaminación humana, é xuntarse para coidar o lugar de forma colectiva”, sinalan dende a entidade.

LImpando o coidoLimpando redes do mar

Novas relacionadas

comentarios