Muxía aprende a educar a través das Novas Tecnoloxías
Novedoso curso relacionado coas Novas Tecnoloxías o que saca o Concello de Muxía a partir da vindeira semana, seguindo o camiño marcado polo curso de galego nas NNTT que impartiu QPC hai un par de meses.
Desta volta e a partir do día 25 de febreiro e en horario de 18 a 20:30 os martes e xoves, terá lugar un curso de informática e uso útil da novas tecnoloxías titulado “Aprendendo a educar en igualdade coas novas tecnoloxías” dirixido a pais e nais, este curso foi subvencionado pola Deputación de a Coruña no marco do proxecto “Unha ollada en igualdade” que se desenvolverá ata o mes de maio no concello.
O prazo de inscrición para este curso remata o día 22 de febreiro e para anotarse debese cubrir unha ficha nas oficinas do concello.
Charla sobre o aforro na luz
E este xoves 21 de febreiro, unha charla informativa sobre como aforrar na factura da luz, vías para reclamar por incidencias nas facturas, como elixir a mellor tarifa eléctrica.
Envellecemento Activo
Ademais, o Concello artella o Programa de Envellecemento Activo, con viaxe de balde ao balneario de Augas Santas. De feito, media vila xa se estaba apuntando durante estes días.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Muxía.