Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muxía aprende a manexar as Novas Tecnoloxías en Igualdade

Muxía aprende a manexar as Novas Tecnoloxías en Igualdade
Unha alumna do Curso de NNT en igualdalde de Muxía que imparte Ubaldo Cerqueiro de QPC

Pais e nais e fillas e fillos por igual. Todos están aprendendo a usar as novas tecnoloxías, e ademais, en igualdade. Niso consiste o proxecto “Unha ollada en igualdade” que se desenvolve ata o mes de maio no concello.

E parte do mesmo son uns cursos para nais e pais de informática básica enfocada á igualdade, denominados “Aprendendo a educar en igualdade coas novas tecnoloxías”. Uns cursos impartidos por Ubaldo Cerqueiro, coordinador do xornal Quepasanacosta, e que afrontan estes días as últimas sesións. 10 mulleres están aprendendo as ferramentas tecnolócas máis básicas para poder traballar e axudar aos seus pequenos. Sempre, cunha ollada en igualdade, pois hoxendía é a informática unha necesidade para a liberdade.

Ademais, para a Semana Santa os beneficiarios serán os propios pequenos. Case medio centenar de cativos, de entre 6 e 12 anos, están apuntados a dous cursos (separados por idades) que pretenden achegar o mundo da internet e as novas tecnoloxías a alumnos de primaria do Concello aproveitando as vacacións santas. Así, sumerxiranse na rede para aprender sen discriminacións.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios