![Camiño de Santiago Fisterra-Muxía]()
Continúa a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural sacando rédito do traballo desenvolto na Fitur, mentres seguimos agardando que o resto de entidades da bisbarra den conta dos novos contactos realizados. Se
a semana pasada Muxía Natural informaba de que unha empresa catalá interesouse por Muxía para os seus paquetes; hoxe cóntannos que Muxía será coñecida en Venezuela.
A vila da Barca será incluída nun documental sobre o Camiño de Santiago que elaborará unha firma venezolana. O promotor da idea é un operador turístico de Caracas, especializado na organización de viaxes espirituais en grupo. Proximamente,
entre 15 e 20 persoas participarán nunha desas expedicións pola Ruta Xacobea, converténdose nos protagonistas do documental. Farán todo o Camiño Francés, para concluír en Muxía. A condución do traballo correrá a cargo dun coñecido presentador da televisión venezolana.
Coñecedores do asunto, os membros de Muxía Natural, a través do turoperador compostelán
Viaxes Viloria, encargado da coordinación en España do traballo, mantiveron contactos cos empresarios caraqueños, que son o referente de todo o relacionado co Camiño no país americano. Os empresarios muxiáns solicitáronlles a inclusión na gravación do santuario da Barca e das súas míticas pedras, como punto final de peregrinación.
Primeiros usuarios de "Saboreando Galicia desde Muxía"
Así mesmo as casas ruarales de Muxía recibiron xa as dúas primeiras reservas para o mes de febreiro do programa
Saboreando Galicia desde Muxía, presentado en Fitur. Os catro clientes optaron polo
menú que inclúe percebes do Cabo Touriñán. Os paquetes conxugan aloxamento rural, gastronomía e turismo activo.
Teñen toda a información sobre os mesmos, no blog
http://www.muxianatural-turismorural.blogspot.com.
Novas relacionadas
Fonte