Muxía coñece o seu patrimonio a pé

08:49 23/07/13

Xa está aberto o prazo para inscribirse na ruta guiada de Muxía a Os Muíños, que terá lugar o vindeiro 26 de xullo, organizada polo Concello de Muxía.
A ruta estará guiada por Xan Fernández Carrera, e pasará por distintos lugares nos que se pode disfrutar da arquitectura tradicional da zona, o conxunto monumental de Moraime, a ruta dos muiños do Río Negro, etc…
Esta ruta xa se fixo outros anos con grande éxito de participación, e é unha das rutas deseñadas por Xan Fernández Carrera para o Concello de Muxía, dentro do programa "Descubre Muxía".
A ruta partirá da porta da Casa Consistorial, ás 9:30 horas.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse no concello. Tf.981 74 20 01.
Novas relacionadas
- Un berro cultural para restaurar os conxuntos de Moraime e San Mariño de Ozón.
- Recuperando o poder do conxunto de Moraime.
- Programa Cultural Municipal: Menudo verán que espera en Muxía.