Muxía e Xerais recuperan a Narrativa Mariña de López Abente


Aínda cos Ecos das Letras Galegas, a Fundación López Abente xa prepara a seguinte sesión literaria. E desta volta conta coa Editorial Xerais de Galicia, para a presentación dunha nova publicación sobre o autor muxián: "A Narrativa Mariña".
A cita terá ugar este sábado 26 de maio ás 19:30 h. na Biblioteca Municipal de Muxía. No acto de presentación intervirán Felix Porto, Alcade de Muxía e Presidente da Fundación Gonzalo López Abente, Manuel Bragado Director de Edicións Xerais de Galicia, Ramón Nicolás, director da Colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais, e Suso Sambade, responsable da edición e patrón da Fundación.
A fundación considera que "a publicación diste conxunto de novelas curtas de López Abente ten unha grande relevancia, cumprindo o obxectivo de traer ao presente da literatura galega a obra do autor muxián".
Os membros do Padroado queren facer publica a súa satisfacción pola edición de “A narrativa mariña” e destacan o excelente traballo de Suso Sambade. Tamén queren agradecer o traballo realizado por Edicións Xerais de Galicia na edición da obra, e en concreto o realizado por Ramón Nicolás.
“A narrativa mariña”
“A narrativa mariña” recolle cinco novelas curtas escritas por Gonzalo López Abente, coa intención de dar a coñecer e poñer novamente a disposición dos lectores e estudosos o conxunto narrativo máis destacado de López Abente, que iniciou a sú andaina como narrador coa publicación de O diputado por Beiramar, en 1918 e coa que foi gañador do premio literario A Nosa Terra, que convocaban as Irmandades da Fala.
A esta novela seguíronlle O novo xuez (1922), Buserana (1925) e Fuxidos (1926), obras ambientadas na costa e onde o mar xogará un papel fundamental. Completa o volume un apéndice coa novela O escandalo (1920), que difiere do conxunto por non tratar a temática mariñeira, e que foi publicada no xornal A Nosa Terra.
Novas relacionadas
- Ecos das Letras Galegas.
- López Abente asalta a internet.
- En marcha a obra completa de López Abente.
- A Bretemada de López Abente finalista do Premio Ánxel Casal.
- A cultura muxiá resoa como a Pedra de Abalar.
- Unha viaxe pola metonimia galega a través da Bretemada de López Abente.
- A Fundación López Abente e a SEMESCOM unen forzas para coidar o patrimonio.
- Muxía tamén quere ser "Vila Literaria" .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Fundación López Abente.