mércores. 11.12.2024
El tiempo

Muxía presenta o seu programa para o 25N

MUXÍA - 25N copia
Muxía presenta o seu programa para o 25N

O Concello de Muxía preparou unha completa programación de actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que terá lugar o vindeiro 25 de novembro, con propostas dirixidas a todos os públicos.

As actividades, enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e coa colaboración da Deputación da Coruña, comezaron o 15 de novembro e prolongaranse ata o día 26 do mesmo mes. Dende o pasado venres, están a desenvolverse obradoiros de igualdade nos CEIP de Vilarmide, Virxe da Barca e Os Muíños, impartidos por persoal do Centro de Información á Muller. Estes talleres repetiranse o vindeiro 22 de novembro nos mesmos centros educativos.

O 23 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a representación teatral Enredada, de Leti da Taberna, no Salón do Voluntariado.

O 25 de novembro, xornada central da conmemoración, celebrarase unha concentración ás 12:00 horas na Praza Cabo da Vila, onde a concelleira de Igualdade, Aurelia Picallo, lerá un manifesto. A programación do día finalizará cun concerto a cargo do dúo Adhara&Ritman, tamén na Praza Cabo da Vila.

As actividades rematarán o 26 de novembro co coloquio e debate ‘Hai saída grazas a ti’, que se desenvolverá no IES Ramón Caamaño, de 16:20 a 18:00 horas.
 

Comentarios