mércores. 11.12.2024
El tiempo

Muxía recupera, despois de 3 anos, a mesa de coordinación policial de violencia de xénero

Muxía - Mesa Seguridade
Muxía recupera, despois de 3 anos, a mesa de coordinación policial de violencia de xénero

Nota o Concello de Muxía a volta paulatina á normalidade despois de varios anos dun estado de histeria continuada. Esta pasada mañá de mércores tivo lugar a mesa de coordinación policial en materia de violencia de xénero logo de
tres anos, xa que a última reunión realizada no municipio en relación a esta problemática realizarase en maio do ano 2021.

O encontro contou coa participación do alcalde, Javier Sar; a tenente de alcalde, Sandra Vilela; a xefa da unidade de violencia de xénero na Subdelegación do Goberno na provincia da Coruña, Manuela Villaboy; o sarxento de Muxía, Víctor José Álvarez; un representante da Policía Local, Manel Blanco; e representantes de unidade de violencia de xénero de Garda Civil.

Comentarios