Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía reforza o plantel de operarios para acelerar as tarefas de mellora en todo o termo municipal

Operarios nos traballos de limpeza e mellora do Concello de Muxía.
Operarios nos traballos de limpeza e mellora do Concello de Muxía.
Muxía reforza o plantel de operarios para acelerar as tarefas de mellora en todo o termo municipal

O Concello de Muxía ven de reforzar o plantel de operarios para acelerar as tarefas de limpeza e mellora en todo o termo municipal, que se levan executando desde a semana pasada e así seguirá nas vindeiras.

O alcalde, Iago Toba, quixo sinalar que "existe certo retraso pola paralización de todo este proceso con motivo da COVID-19, pero o noso plantexamento é aumentar o número de traballadores para equilibrar os tempos de execución", salientou o rexedor.

Neste sentido, está previsto que os traballos alcancen todos os núcleos do concello, facendo especial énfase na contratación de 8 operarios destinados a limpezas. Os operarios contarán con medios propios que pon á súa disposición a administración muxiá, entre as que destacan as dúas hidrolimpadoras, así como ferramentas e equipos axeitados.

Segundo indican, estas execucións conbinaranse con desinfeccións periódicas "porque é tremendamente importante non baixar a garda no tema sanitario", apuntaba o alcalde, Iago Toba. Ademais, este martes 14 de xullo, está previsto que comecen os traballos de limpeza nas praias de Muxía, nos que se disporá de ata doce operarios para a execución dos mesmos.

Comentarios