Muxía salvou dun novo naufraxio coas anécdotas de Rafael Lema
O pasado venres 27 de xaneiro o sal tinguíu as copas do hotel A de Loló, en Muxía. Os naufraxios de Rafael Lema encheron de anécdotas mariñeiras a vila da Barca durante a presentación da súa nova novela "Costa da Morte, un país de soños e naufraxios". I é que o seu libro é previsamente eso, unha colleita das anécdotas máis senlleiras dos 454 naufraxios que ten catalogados no litoral da Costa da Morte.
E a sesión moi máis que satisfactoria pois, a pesar de que á mesma hora había pleno municipal, a presenza de público foi masiva, e o local quedou pequeno e esgotáronse os 150 exemplares levados ao acto.
Lema estivo acompañado polo investigador naval coruñés residente na Laracha, Fernando Patricio Cortiz,o e o presidente do GAC3, responsable da edición do mesmo.
A costa con máis naufraxios do mundo
O autor explicou que "a costa galega é o tramo con máis naufraxios documentados do mundo", e ao final do libro cataloga preto de 1.000 naufraxios en Galicia, deles a metade na Costa da Morte. Segundo Lema "Ó inventario de naufraxios xuntei algúns outros aspectos, traballos que nestes anos fixen sobre os corsarios na comarca, a pesca de tiroteas, as accións dos submariños alemáns nas dúas grandes guerras. Pensei que lestes temas de interese podían ir en anexos a parte dous capítulos, para a xente que quisera saber mñais, e independentes do fío condutor do libro. Así están colocados despois de cada capítulo noutra cor".
O autor nega a existencia de dereito de naufraxio e da existencia de mafias de naufragadores na comarca, xa que "unha das ideas básicas da obra é a de acabar coa lenda negra que nos achaca ou ser naufragadores de barcos, provocar naufraxios para matar tripulantes e roubar a carga".
Para Fernando Patricio Cortizo a obra supón un gran traballo "que se converterá sen dúbida nun referente literario para a Costa da Morte. O autor documenta 44 novos naufraxios e corrixe dez, uns datos realmente impresionantes, como ou estudo do corso e as tiroteas". O autor, segundo Cortizo, "toca todos os temas posibles, e aínda por riba, coñece e ten contactos de primerísima man en todas as zonas máis senlleiras da costa. A verdade que non se pode pedir máis. Especialmente interesante é a historia do crego de Ameixenda que debuxou as naves que naufragaron na súa zona de freguesía. Este descubrimento é impresionante". Así indica, Patricio Cortizo que "sen dúbida unha fermosa obra que saca á luz moitas novas descoñecidas e convértese en utensilio imprescindible para afondar non coñecemento da Costa da Morte e na historia marítima do noso país".
O libro
O libro é unha catalogación e estudo dos naufraxios sucedidos entre Caión e o cabo Fisterra, na Costa da Morte coruñesa, desde a Idade Media ata a data. En total recóllense as crónicas e anécdotas de 454 barcos documentados neste tramo. O libro de divide en seis capítulos a modo de travesías mariñas, describindo os naufraxios sucedidos en cada unha dos tramos costeiros analizados, que son: a contorna de Baldaio ás illas Sisargas, Corme- Laxe, Camelle-Arou, cabo Vilán, cabo Touriñán, cabo Fisterra.Ao final acompáñase un catálogo de naufraxios na Costa da Morte e a cita dos sinistros marítimos acontecidos tamén no resto da costa galega. A obra de 256 páxinas inclúe máis de 300 fotografías e ilustracións nun traballo deseñado por Gende Estudo de Carballo.
Ademais dos capítulos divulgativos dedicados ao reconto dos naufraxios incorpóranse anexos documentais sobre os baleeiros na Costa da Morte, os mitos e ficcións sobre os naufraxios e a lenda negra dos raqueros, memoria de corsarios, accións de submarinos alemáns nas dúas guerras mundiais e crónicas históricas de batallas e flotas de galeóns. O traballo achega numerosos datos novos sobre accidentes mariños, analiza os anteriores recontos e distintas versións sobre coñecidos sucesos, incorporando documentación para desterrar e desmentir a lenda negra da existencia de mafias organizadas na comarca para provocar naufraxios e desvalixar barcos.
Novas relacionadas
- As anécdotas de 454 naufraxios na Costa da Morte nun libro.
- O tesouro do Corsario Rafael Lema, finalista de novo do premio Martín Sarmiento.
- Atravesando o Atlántico en verso cos poetas da Costa da Morte.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”? Un estudio de Rafael Lema.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Rafael Lema presenta o seu novo libro, ‘U-49’ .
- Pemon Bouzas e Rafael Lema presentaron os seus libros na Feira do Libro de Cee .
- Presentación de gala para a novela corsaria de Rafael Lema .
- Rafael Lema, o último corsario da Costa da .
- Ambrosio, o pirata de Camariñas .
- Rafael Lema, finalista do Premio Martín Sarmiento 2009.
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis novas de Naufraxios
- 11-11-11: A Xunta asegura que estudiará a creación do museo subacuático da Costa da Morte.
- 05-10-11: Non ao Museo subacuático da Costa da Morte.
- 13-09-11: 4 novos tesouros en forma de pecios na augas da ría de Corcubión.
- Homenaxe ao Serpent 2011: Unha homenaxe ao Serpent desafiando o temporal.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?.
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).