Nemiña convertirase esta fin de semana no centro da Costa
Vai estar chea a praia de Nemiña esta fin de semana. O sábado acollerá acción Papaventos 13N, coma homenaxe á marea branca que cambio de cor as nosas costas. Ademais, o domingo tocaba a 1ª Proba do Circuíto Galego Open de Longboard e Paddleboard -Praia Nemiña, unha proba clasificatoria para o Campionato Nacional de España 2013. Pero esta proba ten que ser finalmente aprazada ata o fin de semana que ven por mor das malas condición de ondas previstas.
Papaventos 13N
Pretende esta acción, esta performance traer de novo os milleiros de voluntarios chegados de todo o mundo que se encheron de chapapote para limpar as nosas costas. Unha acción simbólica e fermosa que erguerá medio centenar de papaventos negros ao forte vento muxián, e para que o armadanzas, Martín Monjo, precisa de voluntarios.
Xa voaron o ceo fisterrán do Rostro e desta volta, tócalle ao vento muxián ser o protagonista.
Domingo de surf
E se o sábado toca voar o ceo, o domingo tocaba voar sobre as ondas de Nemiña. Pero finalmente a proba queda aprazada ata o fin de semana que ven por mor das malas condición de ondas previstas. Importante será esta proba en todo caso ao ser clasificatoria para o campionatonacional de España 2013.
Está organizada pola Federación Galega de Surf, coa colaboración de G.A.L, Coca-cola, Concello de Muxia, Onda, 3Sesenta, TSP.
Novas relacionadas
- Nemiña necesita máis voluntarios para cambiar chapapote por Papaventos.
- Malpica, Razo, Soesto, Muxía e Carnota acollerán probas do Circuito Galego de Surf 2013.
- As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).