Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Nemiña necesita máis voluntarios para cambiar chapapote por Papaventos

Nemiña necesita máis voluntarios para cambiar chapapote por Papaventos
Papaventos 13N pretende repetir esta estampa do Rostro en Nemina

Aínda lembramos a estampa do Rostro cheo de papaventos negros o pasado xaneiro gracias á performance artellada polo mallorquín Martín Monjo co afán de homenaxear á Marea Branca que cambiou de cor as nosas praias. A proposta continúa, e o fai en Nemiña, onde ademais de milleiros de galletas de chapapote, poderemos ver voando medio centenar de papaventos.

Segue buscando a acción "Papaventos 13N; Papaventos na costa galega", voluntarios para este vindeiro sábado 6 de abril ás 12:00h na praia de Nemiña, en Muxía. Podedes apuntarvos en [email protected]. Non se precisa ningún coñecemento previo en voar papaventos, só gañas de participar nunha acción tan fermosa coma esta, que vai durar aproximadamente unha hora.

Papaventos 13N busca voluntarios para o 6 de abril en Muxia

Aquí vos deixamos cun vídeo da acción no Rostro:

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios