Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Salina supera ao Fisober B e o Ponteceso FSF acada a súa segunda vitoria na Liga Provincial

A Salina supera ao Fisober B e o Ponteceso FSF acada a súa segunda vitoria na Liga Provincial
Mañá coñeceremos o I Campionato de Fútbol Sala "Costa da Morte", que organizará este vindeiro sábado a organización Galiza Nova. Pero primeiro coñecemos as últimas novidades dos equipos de fútbol sala feminino da Costa da Morte. Na Liga Autonómica non houbo sorte e as de Fran Toba e Iván Chans caeron por 4-2 ante o Meigas en Bertamiráns. As vimiancesas manteñen a 11ª praza pero o propio Meigas apreta por abaixo. Así e todo están lonxe dos postos perigosos. Pola súa banda, na Liga Provincial había derbi entre o Fisober B e A Salina de Esteiro. As muradás levaron o encontro con total xustiza e se impuxeron por 4-1. Ademais, o Concello de Ponteceso colleitaba a súa 2º vitoria consecutiva ao vencer ao Espartanas por 0-2. Deste xeito, as pontecesás suma 6 puntos e xa teñen a 4 puntos ao Boqueixón e o Mabegondo. Máis arriba quedan A Salina (9º con 15 ountos) e o Fisober B (8º con 16).

Liga Autonómica

  • Resultado: F.C. Meigas, 4 - Fisober C. Vimianzo, 2.
  • Meigas: Fany, Yaiza, Clara, Sonia, Katy; tamén xogaron: Lidia, Anxela, Raiane.
  • Fisober: Paula, Elsa, Patri, Ana, Alba; tamén xogaron: Andrea e Noelia.
  • Goles: 0-1 Ana; 1-1 Yaiza; 2-1 Sonia ; 3-1 Yaiza ; 3-2 Patri ; 4-2 Clara.
Desprazábase o Fisober a Bertamiráns no inhabitual horario da maña do domingo cas baixas de Olalla, Eva e Barca e non puido traer nada positivo no seu primeiro partido despois do parón de Nadal. Saíron moi ben as rapazas de Fisober que apañaron unhas cuantas ocasións antes de que Ana puxera o seu equipo por diante, pero a propia Ana, Patri, Noelia e Alba nas súas ocasións foron pouco egoistas e buscaron as súas compañeiras cando quizais debian de rematar elas mesmas a xogada. Mediada a primeira metade foi Ana quen nunha xogada embarullada conseguía por en vantaxe o Fisober. Pero non moito lle durou a ledicía a Fisober que perdía un balón en defensa e vía como Yaiza marcaba un autentico golazo picando por encima de Paula que lle tapaba case todolos ocos. A partires dese momento abriuse un pouco máis o partido pero as mellores ocasións seguían sendo para as rapazas de Fisober que mereceron ir con vantaxe o descanso e as ocasións locales eran ben frenadas por Paula. Na segunda metade todo comenzaba igual aínda que parecía que os equipos se gardaban un maior respeto sabedores que o se puxera por diante tería moito gañado. As forzas foron menguando nas rapazas de Fisober que comenzaban a notar as baixas e a perda de ritmo tralo parón de Nadal e tras un par de tiros os paus polas xogadoras locatarias nunha desas foi cando Meigas se puña por diante e case a renglón seguido conseguían un 3-1 que parecía definitivo. Pero foi todo o contrario Fisober sacou forzas de fraqueza e presionou a portería contraria ata que Patri poñía o 3-2 no marcador cun tiro lonxano. Apretaron e pecharon a Meigas ata que nunha contra unha xogada de mala sorte conquerían o 4-2 definitivo a 3 minutos do final.

Vindeira cita

A próxima semana non haberá partidos na liga polo remate da primeira volta.

Liga Provincial

  • Resultado: A Salina Xuventude, 4 - Fisober B Concello Vimianzo, 1
  • A Salinua: Alicia , Inés, María Ferreiros, María Nieto, Sandra; tamén xogaron, Uxía, María Tobio e Leticia.
  • Fisober B: Eva, Ylenia, María, Noelía e Andrea Sendón; tamén xogaron , Andrea Romero, Lara e Alba.
  • Goles: 1-0 María Ferreiros, 2-0 María Ferreiros, 3-0 María Ferreiros; 3-1 Noelia; 4-1 María Nieto.
O equipo de Esteiro de A Salina levouse con toda xustiza o partido ante o Fisober B nun encontro que pechaba a primeira volta aínda que a estas últimas aínda lle queda xogar a próxima semana medio encontro ante Mabegondo e un aprazado ante Sobrado, aproveitando asi o parón polo fin da primeira volta. No puramente relativo o encontro o equipo de A Salina saiu moito máis concentrado e da man de María Ferreiros a cal non superon como parar no equipo de Fisober B, fixeron unha grande primeira metade na que en 10 minutos se puxeron con 2-0 tras unha xogada e unha falta que pesaron como unha lousa para as visitantes que en ningún momento se atoparon comodas na pista, sen conquerir un ritmo do seu gusto e a mercede das locais e asi a 4 minutos do fin da primeira metade a espigada xogadora local conseguía un gol en xogada persoal que as levaba cun merecido e quizais ata curto 3-0 o descanso. Tralo descanso parece que Fisober espertou do seu letargo e se deu de conta que o parón de Nadal rematara e guiadas por Noelia que so era parada a base de faltas conseguían o 3-1 tras un rechace e encadeaban unha serie de ocasións nos primeiros 10 minutos da segunda metade, pero as visitantes non foron quen de marcar un segundo gol que as poñería de cheo no encontro, o adestrador local pediu un tempo morto, recolocou as súas e o partido igualouse de novo, as ocasións case desapareceron e caian con contagotas dun e doutro lado, ata que A Salina a pouco do final conseguía o 4-1 defenitivo e pechaban un partido que domiñaron con solvencia na primeira metade e que se complicaron na segunda.

Liga Provincial

  • Resultado: Espartanas FS, 0 - Ponteceso FSF, 2
  • Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Silvia, Sonia, Chris e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron Iria, Cris Santos, Martina, Mónica, Marta, e Tamara. .
  • Goles: 0-1 (min. 3) Carmen. 0-2 (min. 14) Carmen.

Bo partido o xogado polas chicas de Barca e Curro. Desde o pitido inicial as xogadoras Pontecesáns saíron cunha forte presión a todo o campo, presión que fixo que as Espartanas non se acercaran en toda a primeira parte a portería defendida por Salomé. Chegou moi pronto o primeiro gol das de Ponteceso, transcurría o minuto 3 cando Carmen, nunha xogada de corner ensaiada, facía o 0-1.

Froito desta presión, e durante os seguintes 15 minutos, o Concello de Ponteceso chegou varias veces e moi claras a portería das Espartanas, podendo contabilizar ata 5 balóns ós paos e largueiro, e varios tiros claros a cargo de Carmen, Chris, Martina e Silvia, ata que no min. 14, un roubo e unha boa xogada de Chris, que lle cedeu á súa irmán Carmen, que soa no segundo pao, anotaría o definitivo 0-2. Aos dous minutos, no min.16, o Concello de Ponteceso fallaría un penalti, pitado por unha clara falta dentro da área. No resto deste primeiro tempo, as de Barca seguirían levando a batuta do encontro aínda que o marcador non se movería.

Xa na segunda parte, as xogadoras coruñesas endureceron moito o xogo, estando casi máis tempo parado o partido que xogándose, pero a boa defensa Pontecesán fixo que non pasaran apuros de aí o final do partido, e pudendo ampliar o marcador aínda que non foron capaces de definir ante a porteira local.

Vindeira cita

A vindeira semana a liga toma un descanso, posto que xa acabou a primeira volta. O Concello de Ponteceso, comenzará a segunda volta o sábado 22 en Sada contra o actual lider da categoría.

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS.

Comentarios