Venres. 11.10.2024
El tiempo

O PP muxián denuncia o estado de abandono das pistas deportivas de varias parroquias

O PP muxián denuncia o estado de abandono das pistas deportivas de varias parroquias
Estado de abandono da Pista Deportiva do Castro-Muxia Estado de abandono da Pista Deportiva do Castro

Volve á carga o PP muxián denunciando o “o estado de abandono no que se atopan as infraestruturas de Villarmide, Castro, Morpeguite e O Senande”. A voceira local Sandra Vilela lamenta “a falta de mantemento” e “acusa ao Concello de non facer nada por solucionalo”.

A portavoz popular asegura que “non é un asunto puntual”, e subliñan que ”o goberno municipal leva moitos anos sen facer nada para garantir a boa conservación destas pistas deportivas, nas que é sinxelo encontrar maleza e vestiarios sucios e totalmente desfeitos”.

Por todo iso, os populares urxen ao Concello a que tome as medidas necesarias para mellorar o estado das pistas polideportivas existentes, e reclaman que o goberno local as adecúe para a práctica doutros deportes como o tenis e o baloncesto.

Estado dos banos da pista de Villarmide Estado dos baños da pista de Villarmide

Novas relacionadas

Fonte

  • PP de Muxía.

Comentarios