Venres. 18.10.2019
El tiempo

O PP denuncia que o Concello de Muxía utiliza ás escolas politicamente co asunto do Parador

O PP denuncia que o Concello de Muxía utiliza ás escolas politicamente co asunto do Parador

Tralas fichas movidas por PSOE e BNG co asunto do Parador, hoxe renace o PP muxián, que habiamos tempo que non aparecía en combate. E o fai cunha nota de prensa na que denuncia "un intento de manipulación política do Concello de Muxía cos alumnos do IES Ramón Caamaño". Unha nota que vén apoiada polo Xefe Territorial da Secretaría de Educación e Cultura, Indalecio Cabana.

O caso é que o rexedor muxián enviou unha carta aos pais para que autoricen aos seus fillos a participar nun acto reivindicativo para esixir o Parador, unha proposta "de natureza claramente política" segundo o grupo da oposición.

En vista da carta, "o Partido Popular non dá crédito de que o alcalde caia tan baixo para intentar manipular a familias enteiras, co obxectivo de facerlles participar nunha reivindicación política usando a escusa de que se trata de algo bo para o municipio", denuncian.
Así, o portavoz do PP en Muxía, Alberto Branco, considera que "se trata dunha reivindicación completamente fóra de lugar, tanto polo procedemento empregado para levala a cabo como polo seu contido".

"Os socialistas están esixindo algo que eles mesmos tiveron paralizado durante oito anos", recordan. En todo ese tempo, o PSOE non se preocupou de facer ningún acto reivindicativo e agora pretenden utilizar a estudantes de instituto para facelo", critica o popular.
Os populares tamén consideran "vergoñoso" e de "baixas intencións" o feito de que o alcalde estea intentando utilizar a menores para levala a cabo, "disfrazando un acto político de excursión escolar", advirte Branco.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP provincial.

Comentarios