Os maiores de Muxía aprenden conservas e licores


Dentro do Programa de Envellecemento Activo “Conta con nós II” que o abre o Concello de Muxía, co financiamento da Deputación da Coruña, levaranse a cabo diferentes obradoiros de tempo libre para persoas maiores.
O primeiro que dará comezo será o “Curso de conservas e licores”, que se iniciará hoxe xoves 12 de abril, ás 18 horas no baixo do Edificio de Servizos Múltiples de Muxía.
Ao día seguinte, o venres 13 de abril, terá lugar a presentación do Curso de pintura que impartirá a artista Susana Llorente. A presentación, para dar a coñecer as técnicas e contidos que se van aprender no curso, estará aberta en dous horarios para facilitar a asistencia de tódalas persoas que o desexen, pola mañá de 11 a 13 horas e pola tarde de 17 a 19 horas. Ademáis das persoas xa inscritas, poderán inscribirse no mesmo momento da presentación aquelas persoas que desexen asistir e ainda non estean anotadas.
Máis cursos
Ademais tamén está aberto o prazo para inscribirse no Obradoiro de manualidades (tellas artísticas) que será impartido por Ricardo Lema, da Empresa Arco da Vella.
Tódalas persoas que o desexen poden obter máis información nas oficinas do Concello de Muxía (981 74 20 01).
Novas relacionadas
- Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- A científica Angeles Alvariño protagoniza o abril da Galería Mulleres de Muxía.
- Asturias disfrutou da música sacra da Coral Virxe da Barca de Muxía.
- Muxía dá voz ás Silenciadas.
Fonte
- Concello de Muxía.