Martes. 19.03.2024
El tiempo

A científica Angeles Alvariño protagoniza o abril da Galería Mulleres de Muxía

A científica Angeles Alvariño protagoniza o abril da Galería Mulleres de Muxía

Este mes de abril, a Galería Mulleres de Muxía abre a man á ciencia para darlle protagonismo á ferrolá Angeles Alvariño (Serantes, 1916- EE.UU., 2005). Unha muller precursora na investigación oceanográfica.

Dende pequena destacou polo seu afán de coñecemento e gusto pola lectura. Estudiou Ciencias naturais e a pesares de que o Instituto Español de Oceanografía non admitía mulleres, ela traballou para el e pola calidade do seu traballo foi admitida en 1950. Foi a primeira muller que serviu como científica nun buque de investigación británica. Participou en varias expedicións e cruceiros científicos e foi considerada coma unha das máis prestixiosas científicas do mundo . Chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Os seus traballos científicos orixinais alcanzan o centenar.

Desde 1976 Ánxeles posúe numerosos nomeamentos académicos en diversas universidades. Logo de retirarse segue investigando, a súa obra máis destacada desta época é o estudo sobre a expedición de Malaspina, patrocinado pola Xunta de Galicia.

Ánxeles Alvariño foi distinguida coa Medalla de Prata de Galicia no ano 1993.

Máis información

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar:

  • Marco, Aurora. DICCIONARIO DE MULLERES GALEGAS. Xunta de Galicia.
  • Álvarez, Mari - Nuño, Teresa -Solsona, Nuria. LAS CIENTÍFICAS Y SU HISTORIA EN EL AULA (2003)

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios