Venres. 03.05.2024
El tiempo

Piden o mantemento do Parque da Paluxa

Parque da paluxa abandonado
Parque da paluxa abandonado
Piden o mantemento do Parque da Paluxa

O BNG de Muxía constatou recentemente o mal estado no que se atopa o parque da Paluxa, nos Muíños, empregado por familias, rapaces e rapazas e por usuarios de idade avanzada no seu tempo de lecer.

"O peche atópase en mal estado, as papeleiras cheas e sen valeirar desde hai tempo e hai varios balancíns esnaquizados coas pezas ciscadas pola herba. Ademais, a falta de mantemento fai que a zona de herba sexa impracticable pola altura da broza. Nesta zona vese que alguén desbrozou unha pequena área anexa á entrada do parque para que a rapazada puidera xogar nela", denuncian Mercé Barrientos.

"As familias levan reclamado que non haxa unha zona deportiva delimitada e vallada na que os rapaces e rapazas poidan xogar con balóns sen molestar a outros usuarios/as".

Desde o BNG suxiren que "se estudie a posibilidade de delimitar nesta área unha zona con firme na que se instalen equipamentos como mini-porterías, mini-canastras e postes de voleibol para uso recreativo, de xeito que se facilite que poidan xogar mentres se evitan as molestias aos usuarios doutros equipamentos anexos".

Tamén reclaman, "mentres non se acometa este proxecto, un mínimo mantemento do parque para que a área con herba estea nun estado que permita que sexa empregada".

Comentarios