Mércores. 21.08.2019
El tiempo

#Platayplomo: “Para min o chivo é moito”

#Platayplomo: “Para min o chivo é moito”

Moncho do Pesco, Manolo de Carreira, José Manuel de Sérgido, contáronlle a Gonzalo Luna como se pescaba antano. E Gonzalo tivo a ben crear unha fermosa curta documental chamada “Plata y promo” cos relatos destes homes de mar de Muxía.

Gonzalo está este curso de mestre no CEIP Vilarmide e vive Muxía. É un gran afeccionado á pesca deportiva e así foi como coñeceu e estableceu unha boa amizade cun dos protagonistas. "Despois de coñecer a súa historia e de falar con máis xente decidín contar esta historia en formato audiovisual para darlle contido ao blog/páxina de pesca que coido @jiggingalicia", explícanos.

Un docu que reflexiona sobre unha antiga arte de pesca como é o “chivo”, co que pescaban, e seguen pescando, robalisas comarea. Lembran que antes do chivo xa pescaban ca “traita”, antes mesmo de que chegaran as canas de bambú á zona.

Os tres reflexionan sobre a perigosidade da pesca nas rochas, dando conta dos numerosos casos que se teñen dado nesta bisbarra. “Pescar nas pedras non é como pescar nunha praia”, di un. “Teño moitos amigos que van alá”, sinala outro.

En todo caso, todos coinciden en que aínda se mantén viva a tradición de manter o segredo de onde se pesca, porque para pescar unha peza de 8-9 kilos hai que saber onde se agochan. Iso si, chegan as novidades tecnolóxicas pero ”eu o chivo non o abandono”.

Novas relacionadas

 

Comentarios