Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Policía Local de Muxía incorpórase ao sistema Vioxén

MUXÍA- A Policía Local de Muxía incorpórase ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xenéro
A Policía Local de Muxía incorpórase ao sistema Vioxén

A Policía Local de Muxía incorpórase ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero, grazas ao convenio subscrito, o pasado 30 de setembro de 2020, entre o Ministerio de Interior e o Concello de Muxía.

Deste xeito, a local muxiá terá acceso ao material tecnolóxico para ter un control directo máis completo dos casos. “Desde o grupo de goberno somos conscientes da gravidade e da persistencia das infraccións penais cometidas no ámbito familiar, e máis concretamente no da violencia de xénero, por iso consideramos necesario profundizar nas medidas de protección ás víctimas”, engaden desde o goberno local.

Comentarios