Domingo. 28.11.2021
El tiempo

O PP muxián pídelle ao goberno que esixa á Autoridade Portuaria unha decente reforma da estrada a Touriñán

Fochancas na recen renovada estrada A tourinan
Fochancas na recen renovada estrada A tourinan
O PP muxián pídelle ao goberno que esixa á Autoridade Portuaria unha decente reforma da estrada a Touriñán

Como facía o BNG a semana pasada, o PP de Muxía vén de preguntarse pola calidade das obras de renovación do firme da estrada dende a Pereira a Touriñán. “É lamentable que aínda sen acabar de ser executada a obra, esta xa teña baches no seu inicio e as cunetas xa se esten a desfacer”, comenta a portavoz popular Sandra Vilela.

Ante esta situación, Vilela vén de solicitarlle ao alcalde unha xuntanza dos portavoces municipais para buscar solución sobre o problema que xurde na execución da obra. Consideran que “se debe tomar medidas ó respecto xa, e esixirlle á autoridade portuaria que faga unha execución correcta da obra”, tendo en conta ademais que unha vez rematadas a titularidade da obra pasará a ser municipal. “Non podemos porlle esa hipoteca enriba ó noso concello e recibir unha carretera que xa tería que repararse dentro dun ano”, explica en referencia ao seu mantemento.

Lembran que se trata un “vial fundamental para o concello dende o punto de vista turísitico e, por suposto, tamén polo número de poboación local que fai uso de ela a diario”.

Novas relacionadas

comentarios