Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Os propietarios dos secadoiros de congro recibiron unha notificación de sanción de Sanidade

Congro secando secadoiro
Os propietarios dos secadoiros de congro recibiron unha notificación de sanción de Sanidade

A pesar de todo o movemento social que está habendo para Salvar os Secadoiros de Congro, a maquinaria da Xunta non frea. Esta semana os propietarios do secadoiro recibiron a notificación de sanción por parte da Consellería de Sanidade.

Así que queda moito por facer para salvar estas estruturas con máis de 600 anos de antigüidade. Nesa batalla tamén se sitúa o BNG, que rexistrou onte no Parlamento varias iniciativas para instar á Xunta que “acometa de xeito inmediato as medidas que sexan necesarias para garantir a supervivencia dun oficio inmemorial, que garantan que o derradeiro secadoiro de congro”, así como que “brinde toda a súa capacidade asesora e executiva aos propietarios de secadoiros de congro da Costa da Morte para garantir que poderán seguir desempeñando no inmediato o seu oficio, de xeito integramente artesanal, se así o desexan”. Piden tamén que “as administracións que corresponda as modificacións ou adaptacións normativas necesarias para que os propietarios de secadoiros de congro podan seguir desempeñando o seu oficio do xeito que se leva facendo dende fai centos de anos, nomeadamente o secado en cabria.”

NOVAS RELACIONADAS SOBRE OS SECADOIROS

Comentarios