Luns. 07.10.2024
El tiempo

A provincial socialista sitúase do lado do alcalde de Muxía

Executiva PSOE en Muxía
A provincial socialista sitúase do lado do alcalde de Muxía

Despois da presentación da moción de censura en Muxía, o PSOE vén de unir forzas co aínda alcalde Iago Toba. 

Bernardo Fernández, secretario xeral do PSdeG Provincial, quixo trasladar hoxe en Muxía “todo o apoio do socialismo
galego a Iago Toba e a todos os veciños de Muxía, ós que se lles vai impoñer un alcalde que non elixiron nas urnas”.

“A moción de censura é un atropelo democrático, van impoñer por intereses espúreos un alcalde dun partido que só obtivo dous concelleiros nas pasadas eleccións”, engade Fernández. Os socialistas da Coruña celebraron hoxe en Muxía a súa executiva provincial para analizar a moción de censura e apoiar ao alcalde.

“Non nos sorprende que o PP entre nestas maniobras, pero si o BNG, que di unha cousa pero fai a contraria”, afirma Fernández. “Pero non é a primeira vez que o BNG fai algo parecido, como pasou en Cariño, e aquí en Muxía anunciaron a apertura dun expediente, pero non a expulsión”, asegura.

Comentarios