Rematan as obras do Parador de Lourido, que abrirá en marzo
Despois de 25 millons de euros, 8 anos de obras, 17 anos de promesas e 5 de retrasos, as obras do Parador de Lourido foron rematadas.

15:16 16/12/19
Así o rubricaba esta mañá de luns 16 de decembro, a entrega de chaves que a presidenta de Turespaña, Isabel Oliver, realozou ao presidente de Paradores, Óscar López, en presencia do alcalde muxián, Iago Toba, o delegado do Goberno Javier Losada e a responsable de Turismo Galicia, Nava Castro.
Pero aínda non abrirá as portas, pois a cadea pública procederá agora a acondicionar as instalacións para poder abrilas ao público en marzo.
Dende Turespaña, Oliver asegura estar “convencida de que supoñerá un polo de atracción económica para a zona da Costa da Morte e de creación de postos de traballo, proxectando unha imaxe de calidade e modernidade”.
O parador contará con 15.000 metros cadrados, 63 habitacións e spa.
Novas do Parador
- Xuño 19: As obras do Parador, executadas ao 98%, tras 5 anos de retrasos e 17 anos de promesas.
- Febreiro 18: O Parador de Lourido podería estar listo no verán de 2019.
- Agosto 2016: Sen novas do Parador.
- Abril 2016: O Parador de Lourido, sen data de remate.
- Maio 2014: Parador de Muxía: Comezando a segunda fase.
- 12-04-12: Rueda asegura que o Parador será unha realidade en 2015.
- 14-03-12: O Goberno paraliza o Parador de Muxía.
- 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014.